
En “Castronós, o Baile” partimos dunha idea, dunha situación, dun espazo e dun texto “Castronós” de Xavier Picallo; para mostrar a historia do século XX en Galicia a través dunha sala de Baile. Aires novos, músicas novas, bailes novos, tendencias novas….estampas de historia, algunhas xurden dende aquí e outras veñen de Europa e incluso dende América.